Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

R2 - Gardado de partida

Imaxe
 Ola! Pois hai dúas semanas que a nosa xeración de PIRes pasamos a R2 e quería escribir algo sobre todo o que ten significado este último ano para min. A verdade é que non se moi ben que dicir porque dificilmente podo poñer en palabras todo o que ocorreu este ano. Ademais, recoñezo que toda reflexión que faga estas semanas está ineludiblemente tinguida por un tema que ocupa a miña cabeza: a morte. Durante as miñas coartadas prácticas da carreira, que lembro con moito cariño, o meu titor de prácticas agasalloume un libro de Yalom sobre terapia existencial. Naquel momento, que xa andaba opositando, decidín pospoñer a súa lectura ata estar un pouco menos ocupado (e penso, tamén, que un pouco máis preparado para poder comprendelo).  En calqueira caso, empecei a lelo hai unhas semanas e foi como desembazar unhas lentes e ver de súpeto o baleiro en fronte miña. Curiosamente, é un tema ao que no seu momento lle dera as súas voltas (lembro ter na porta do meu armario un pequeno texto que escri